Protección de datos

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o seu consentimento para recibir as cookies que emprega o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son precisas para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiros: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatístico da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Co fin de garantir o anonimato, Google convirte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme ás condicións de prestación do servizo de Google analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Recordámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se eliminan as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se deroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado empréganse con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no precedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado.

En cumprimento do disposto no citado Regulamento o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.

As persoas usuarias deste Portal ten a súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo no que poidan exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos personales (https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos).

 

Política de cookies

Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais.

Unha cookie é un pequeno arquivo de texto que un sitio web pode descargar nun equipo coa finalidade de obter e recuperar información cando vostede navega. As súas finalidades son variadas, por exemplo, recoñecerlle como usuario/a, obter información sobre os seus hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se lle mostra o contido.

Os diferentes tipos de cookies empregadas neste portal poden clasificarse nas tres categorías sinaladas a continuación. Dito isto, é preciso ter en conta que unha mesma cookie pode estar incluída en máis dunha categoría.

Tipos de cookies segundo o prazo de tempo que permanecen activadas:

  • Cookies de sesión: créanse de forma temporal e son eliminadas unha vez que se abandona o sitio web.
  • Cookies persistentes: permanecen no navegador durante un período de tempo establecido e actívanse cada vez que se visita o sitio web que creou esa cookie.

Tipos de cookies segundo a entidade que as xestione:

  • Cookies propias: aquelas enviadas ao seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do portal por parte das persoas usuarias.
  • Cookies de terceiros: para o caso deste Portal, aquelas que se envían desde un dominio xestionado por outra entidade distinta da Xunta de Galicia.

Tipos de cookies segundo a súa finalidade:

  • Cookies técnicas: aquelas que permiten a navegación do/a usuario/a polo Portal e o emprego dos servizos dispoñibles nel.
  • Cookie analíticas: aquelas que permiten a medición e a análise do comportamento das persoas usuarias no portal co fin de introducir melloras  nel.
  • Cookies de preferencias: aquelas que permiten recordar información e personalizar a experiencia das persoas usuarias como, por exemplo, o idioma escollido.

Descrición das cookies

Este portal emprega as seguintes cookies:

Cookie Tipo Temporalidade Titularidade Finalidade
JSESSIONID Técnica Sesión Propia Identificar a sesión activa de navegación.
LFR_SESSION_STATE_#ID# Técnica Temporal Propia Identificador da persoa usuaria no CMS.
GUEST_LANGUAGE_ID Técnica Temporal Propia Garda o idioma principal da navegación.
COOKIE_SUPPORT Técnica Temporal Propia Comproba o soporte para as cookies do navegador.
_ga Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias.
_gid Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo. Distinción entre persoas usuarias.
_ga_#id# Analítica Persistente Allea. Condicións do servizo Mantén o estado da sesión.
_gat_gtag_UA_#id# Analítica Temporal Allea. Condicións do servizo Almacena o identidicador único da persoa usuaria.
Outras cookies en uso por Google Analytics. Analítica, Personalización, Funcionalidade Persistente, Temporal Allea. Condicións do servizo Diferenzan ás persoas visitantes e analizan o seu comportamento en liña.
VISITOR_INFO1_LIVE Funcionalidade Temporal Allea. Condicións do servizo Permite detectar e resolver problemas co servizo.
YSC Seguridade Sesión Allea. Condicións do servizo Garantizar que as solicitudes de navegación proveñan dunha persoa e non doutros sitios.
_GRECAPTCHA Seguridade Temporal Allea. Condicións do servizo Permite diferenciar ás persoas dos bots.
Outras cookies presentes ao facer uso dos servizos de Google. Funcionalidade, Seguridade, Analítica, Publicidade e Personalización Persistente, Temporal e Sesión Allea. Condicións do servizo Melloran a seguridade e experiencia de uso das persoas usuarias na súa navegación.
_rspkrLoadCore Funcionalidade Sesión Allea. Condicións do servizo Comproba a carga do módulo de lectura.
ReadSpeakerSettings Personalización Temporal Allea. Condicións do servizo Garda as preferencias de uso

As cookies de terceiros indicadas no cadro e empregadas neste portal son de dous tipos:

  • Analíticas: permiten a medición e análise estatística da navegación das persoas usuarias polo portal mediante o uso da ferramenta Google Analytics. A información recollida por estas cookies é transmitida a Google de forma anonimizada, polo que estas non recollen datos persoais. En todo caso, se desexa rexeitar o seu uso, siga os pasos indicados en Xestión das cookies.

Xestión das cookies

Se desexa restrinxir, rexeitar ou eliminar as cookies instaladas no seu equipo, suxerímoslle que modifique a configuración do seu navegador. Obteña toda a información necesaria nas seguintes ligazóns:

No caso de que decida rexeitar todas as cookies, informámoslle que determinados servizos ou funcionalidades do portal poderían non responder correctamente. 

Uso de linguas

O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.