A Xunta adxudica por máis de 7,7 M€ a construción de 41 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo | Observatorio de Vivenda

A Xunta adxudica por máis de 7,7 M€ a construción de 41 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo

A Xunta adxudica por máis de 7,7 M€ a construción de 41 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo A Xunta vén de adxudicar por un investimento de máis de 7,7M€ a construción de 41 novas vivendas de promoción pública en San Paio de Navia, en Vigo.| Este contrato de obras vén de ser adxudicado á empresa ORECO BALGÓN S.A.| O obxecto deste proxecto é a construción dun edificio para destinalo a 41 vivendas de promoción pública, que se adxudicarán en réxime de alugueiro, con 74 prazas de garaxe e 41 rochos.| De xeito máis concreto, o edificio consta de dúas plantas de soto, para garaxes, rochos e locais de instalación de servizos; unha planta baixa con catro portais, locais de instalacións e servizos; e o acceso de vehículos ás plantas de soto; e 3 plantas altas e ático, destinadas a vivendas.| En canto ao programa das vivendas, proxéctanse un total de 20 de 2 dormitorios, cunha superficie útil que oscila entre 68,23 m 2 e 72,41 m 2 no caso das vivendas que non teñen terraza; e entre 68,82 m 2 e 76,08m 2 para as que contan con ela.| As outras 20 vivendas son de 3 dormitorios, dúas delas adaptadas a persoas con mobilidade reducida, cunha superficie útil de 88,99 m 2 no caso das vivendas que non teñen terraza; e unha superficie útil que oscila entre 88,11 m 2 e 115,48 m 2 para as que constan desta. Ademais, consta 1 vivenda de 4 dormitorios, cunha superficie útil de 117,33 m 2 .| Este grupo de 41 vivendas, cuxas obras de construción veñen de adxudicarse, inclúense nas 359 vivendas públicas que se executarán no polígono 1 de San Paio de Navia. Nestes momentos, xa están en trámite de licitación e adxudicación un total de 316. Ademais, hai outras 43 vivendas de promoción pública que están programadas neste polígono.| Neste polígono 1 de San Paio están a desenvolverse as obras de urbanización e co obxectivo de que estas vivendas poidan ser unha realidade o antes posible, se desenvolverán de forma paralela aos traballos construtivos dos edificios residenciais.| Ademais das 359 vivendas de promoción pública, o parque residencial da cidade de Vigo reforzarase coa habilitación neste mesmo polígono de solo para a construción de 374 vivendas protexidas.| Ademais, a Xunta ten neste momento a licitación as obras de urbanización do polígono 2 por un investimento de preto de 16,4M€, para acometer o acondicionamento desta zona, fases A e B de San Paio de Navia, que permitirá a construción dun total de 719 vivendas.| O Goberno galego segue avanzando no seu compromiso da mellora da situación do mercado da vivenda, e na Estratexia de vivenda pública e protexida que prevé, nesta lexislatura, duplicar o parque público ata chegar ás 8.000 vivendas e desenvolver chan para 20.000 vivendas protexidas e 5.000 vivendas libres.| Fonte.- Xunta de Galicia