O alcalde de Málaga propón unha taxa por pernoitar en vivendas turísticas para subvencionar o alugueiro das familias máis vulnerables | Observatorio de Vivenda

O alcalde de Málaga propón unha taxa por pernoitar en vivendas turísticas para subvencionar o alugueiro das familias máis vulnerables

O alcalde de Málaga propón unha taxa por pernoitar en vivendas turísticas para subvencionar o alugueiro das familias máis vulnerables O alcalde de Málaga, Francisco de la Torre, enviou unha carta ao ministro de Industria e Turismo, Jordi Hereu, na que propón establecer unha taxa por pernoita nas vivendas turísticas, cuxo montante de recadación irá destinado a subvencionar o alugueiro das familias que se atopen nunha situación de exclusión social.| Segundo os datos publicados pola Xunta de Andalucía, a provincia de Málaga ten máis de 72.00 vivendas de uso turístico, e só na cidade hai máis de 12.000 unidades, o que levou ao alcalde da cidade a propoñer esta iniciativa tras asegurar nunha entrevista que é “evidente que a vivenda turística ha incrementado o prezo do alugueiro”. O alcalde afirmou que esta recadación “permitiríanos ter moita máis potencia e atender a moitas máis familias dentro desa política social que vimos facendo desde hai anos”, e insistiu en que destinará ese diñeiro a axudas para o alugueiro social. O rexedor de Málaga é consciente de que o turismo ocupa un papel crave na economía malagueña, e, para evitar esta “turismofobia”, quere establecer este imposto que "melloraría a imaxe de España e frearía as correntes de opinión contrarias ao turismo”.| A Asociación de Empresarios Hostaleiros da Costa do Sol (Aehcos) estima un incremento de 2,26% da ocupación hostaleira con respecto ao mesmo período do ano pasado en agosto, ata alcanzar o 92,7%. No resto do verán os datos de ocupación foron tamén moi elevados, xa que nos meses de xuño e xullo a ocupación estableceuse no 87%, datos superiores aos mesmos meses de 2023, segundo a asociación hostaleira.| Pola súa banda, o incremento do prezo da vivenda é notable no sur de Andalucía, psoto que, segundo os datos de idealista recollidos no mes de xullo, o prezo do alugueiro incrementouse na provincia de Málaga un 11,6% no último ano, alcanzando os 15,3 euros/m2. Á súa vez, na cidade o metro cadrado costa 14,5 euros, o que equivale a un incremento do 13,6% nun ano. O alcalde asegurou a EFE que está a poñer "todo o seu empeño para solucionar esta problemática", por iso apostou por limitar as vivendas turísticas nos barrios máis saturados, crear un grupo de inspectores que estuden este tipo de inmobles que se atopen en situación irregular e, sobre todo, impulsar a vivenda social e axilizar os permisos para chans edificables.| Fonte.- Idealista