O Concello de Vigo aproba 90 novas axudas de emerxencia para vivenda e alimentación | Observatorio de Vivenda

O Concello de Vigo aproba 90 novas axudas de emerxencia para vivenda e alimentación

O Concello de Vigo aproba 90 novas axudas de emerxencia para vivenda e alimentación O Concello de Vigo aproba a concesión de noventa novas axudas de emerxencia por un importe total de 22.064 euros, sendo a maioría delas destinadas ao pago de vivenda e alimentación.| Deste xeito, no que vai de ano, o goberno local concedeu un total de 969.506 euros neste tipo de axudas, que se utilizan sobre todo para evitar desafiuzamentos e facilitar o día a día a familias que están a pasar por situacións complicadas. Concretamente, este programa municipal está destinado a veciños que carecen de recursos e que, en caso de non ser atendidos, poderían acabar en exclusión social. Case 5.000 vigueses recibiron axudas de emerxencia por parte do Concello ao longo de 2023.| Fonte.- Faro de Vigo