Autorízanse axudas por máis de 12,5 millóns de euros para actuar en 52 áreas de rehabilitación integral. | Observatorio de Vivenda

Autorízanse axudas por máis de 12,5 millóns de euros para actuar en 52 áreas de rehabilitación integral.

Autorízanse axudas por máis de 12,5 millóns de euros para actuar en 52 áreas de rehabilitación integral.

En concreto, o Goberno galego aprobou os acordos cos 34 municipios que solicitaron axudas para actuar en 51 áreas de rehabilitación integral, cun investimento de case 10,4 millóns de euros. Esta convocatoria supera en case 1 millón de euros á anterior, e permitirá actuar en preto de 1.300 vivendas.
 
Ademais, o Consello da Xunta deulle hoxe o visto e prace ao investimento de máis de 2,1 millóns de euros en axudas para recuperar vivendas e espazos urbanos na Área de Rehabilitación Integral dos Camiños de Santiago en 2018, o que significará unha actuación en 300 inmobles. A convocatoria das axudas da ARI dos Camiños de Santiago para 2018 publicarase antes de finais deste ano e incluirá os fondos estatais previstos no convenio e 750.000 euros máis achegados pola Xunta, polo que o importe de dita convocatoria será de preto de 2,9 millóns de euros.

Fonte.- IGVS