El Consorcio Casco Viejo de Vigo suma la compra de un nuevo edificio para continuar con la recuperación del Berbés | Observatorio de Vivenda

El Consorcio Casco Viejo de Vigo suma la compra de un nuevo edificio para continuar con la recuperación del Berbés

El Consorcio Casco Viejo de Vigo suma la compra de un nuevo edificio para continuar con la recuperación del Berbés A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, anuncia a adquisición de Ribeira do Berbés 27, co que xa son once os inmobles comprados polo consorcio | A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ana Ortiz, anunciou este xoves a adquisición dun novo edificio do Berbés para continuar coa recuperación do emblemático barrio vigués.| O CCCV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e un 10% polo Concello, aprobou a compra do inmoble situado no número 27 da Ribeira do Berbés, tamén con saída a rúa Poboadores, por un importe de 324.280 euros (IVE incluído). Trátase dunha casa composta de planta baixa e tres pisos cunha superficie construída de 209,94 m2 e cun patio na súa parte posterior no que existe un pozo de auga potable.| A nova rehabilitación permitirá construír novas vivendas no barrio do Berbés, onde o CCVV xa adquiriu outros dez edificios permitindo a creación ata este momento de seis vivendas, xa habitadas tras a súa adxudicación. “Estamos a cumprir cunha das prioridades da Xunta que é facilitar o acceso á vivenda aos vigueses”, sinalou a representante autonómica.| O pasado mes de xullo xa foi adxudicada a reforma do edificio situado no número 39 da Ribeira do Berbés, con saída ao número 2 da rúa San Francisco, por un importe de 498.844,13 euros. Ás seis vivendas xa construídas, situadas nos números 29, 31 e 41, sumaranse tamén as dúas do número 39.| Outros catro edificios foron cedidos polo Consorcio para a creación da sede urbana da Universidade de Vigo (na agrupación dos números 11, 13 e 15) e do Albergue de Peregrinos de Vigo, promovido pola Xunta de Galicia, no número 5. O Consorcio adquiriu tamén o edificio situado no número 7, pendente aínda de rehabilitación.| O Consorcio Casco Vello, cuxo principal obxectivo é a rehabilitación do barrio histórico de Vigo, conta cunha partida total de 1.780.065 euros tras o desbloqueo do PAIF do próximo exercicio 2024 . Desta cantidade máis do 87% teñen a consideración de investimento directo xa que se destinan á execución das obras de rehabilitación das vivendas propiedade do CCVV, correspondendo o resto a gastos operativos.| Fonte.- Xunta de Galicia