La Xunta invierte más de 1M€ en la rehabilitación de 5 inmuebles en Betanzos que destinará a alquiler social | Observatorio de Vivenda

La Xunta invierte más de 1M€ en la rehabilitación de 5 inmuebles en Betanzos que destinará a alquiler social

La Xunta invierte más de 1M€ en la rehabilitación de 5 inmuebles en Betanzos que destinará a alquiler social A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, supervisou hoxe estas intervencións enmarcadas no programa Rexurbe do Goberno galego María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e carpintería, polo que se prevé o remate en apenas un mes Apuntou que ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un, a Xunta licitará a finais deste ano ou comezos do próximo as obras noutros 2 edificios Destacou que nesta vila se rehabilitarán 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos A Xunta, no marco deste programa, ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais A conselleira fixo fincapé na importancia da rehabilitación para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, coidar o patrimonio e darlle pulo ao turismo e ao comercio local | A Xunta inviste máis de 1M€ na rehabilitación de 5 inmobles en Betanzos que destinará a alugueiro social.| A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co secretario xeral de Vivenda, Heriberto García, supervisou hoxe estas intervencións de rehabilitación.| María M. Allegue subliñou que nalgúns destes inmobles se están a ultimar os traballos en acabados interiores e remates de carpintería, polo que se prevé a súa finalización en apenas un mes.| Ademais destes 5 inmobles, cunha vivenda en cada un deles,  a conselleira adiantou que se está a traballar para licitar a finais deste ano ou comezos do próximo as obras doutros 2 inmobles.| Destacou que en total a Xunta terá rehabilitado en Betanzos 22 vivendas e 3 locais ao abeiro do programa Rexurbe, que consiste en adquirir inmobles en conxuntos históricos e recuperalos. Precisou que se non é posible a rehabilitación, o programa contempla tamén a construción doutros novos nos solares baleiros.| Explicou que as vivendas froito das rehabilitación cualifícanse como de promoción pública e pasan a formar parte do parque de vivenda en alugueiro, adxudicándose a través do Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia.| Martínez Allegue indicou que actualmente a Xunta ten adquiridos en Galicia 93 inmobles nos que se proxecta obter arredor de 165 vivendas e 13 locais comerciais. Puntualizou que xa se rehabilitaron 18 inmobles e se entregaron as vivendas aos seus adxudicatarios en Betanzos, Ferrol, Ourense, Mondoñedo ou Lugo; e están en obras 7 inmobles, en Betanzos e en Vilalba.| Cómpre lembrar que ademais do Programa Rexurbe, Betanzos conta cunha Área Rexurbe declarada en 2023 e que comprende o conxunto histórico-artístico e alberga 735 edificios con diferentes usos. Neste caso, o Concello deberá realizar un Plan de dinamización con medidas específicas para esta contorna.| Betanzos tamén dispón tamén dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI) que corresponde ao conxunto histórico da vila, o barrio da Ribeira e os barrios antigos da Madalena e Nosa Señora dos Remedios. Actualmente ten en execución convenios por importe de máis de 522.000€.| A responsable autonómica de Vivenda tamén remarcou que para este ámbito da ARI a Xunta asignou un orzamento de 700.000€ do programa Barrios que deberá executar o concello. Esta iniciativa está financiada con fondos europeos e posibilitará a rehabilitación de 40 vivendas.| Concluíu facendo fincapé na importancia da rehabilitación de inmobles para facilitar o acceso dos cidadáns á vivenda, ao mesmo tempo que se coida o patrimonio das vilas e cidades e se reforza o seu atractivo para darlle pulo ao turismo e ao comercio local.