1000 persoas acóllense ás axudas da Xunta para correxir o feismo da fachada das súas vivendas | Observatorio de Vivenda

1000 persoas acóllense ás axudas da Xunta para correxir o feismo da fachada das súas vivendas

1000 persoas acóllense ás axudas da Xunta para correxir o feismo da fachada das súas vivendas

 

As axudas para a corrección de construcións ascende aos 6,5 millóns de euros pretendendo chegar a 260 concellos podéndose acoller, tanto particulares para as súas vivendas, como administracións municipais que queiran arranxar edificios da súa titularidade, tendo de prazo ata o 31 de outubro para xustificar as obras para realizar. 

Segundo a Xunta máis de 1.000 particulares acolléronse xa a estas axudas, o dobre que en 2021, o que permitiu aumentar o orzamento inicial dedicado a casas privadas desde o millón de euros inicial ata os 2,8 millóns previstos agora. As axudas poderán cubrir ata o 70% da obra para realizar, cun máximo de 3.000€ no caso dos particulares, tendo como fin acabar fachadas, obras de carpintería ou reformar muros exteriores, revestindo os de ladrillo ou formigón e reformando os de pedra.

Fonte.- LaVozDeGalicia