As 160 obras de rehabilitación en Rianxo supuxeron 3 millóns de euros de investimento dende 2009 | Observatorio de Vivenda

As 160 obras de rehabilitación en Rianxo supuxeron 3 millóns de euros de investimento dende 2009

As 160 obras de rehabilitación en Rianxo supuxeron 3 millóns de euros de investimento dende 2009

As 160 obras realizadas dende o ano 2009 na Área de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU) de Rianxo, do que xa se desenvolveron sete fases, supuxeron un investimento total que supera os tres millóns de euros, dos que unha cantidade que roza o millón de euros, procedeu das subvencións outorgadas polo Estado español e pola Xunta de Galicia, mentres que o resto foi posto por particulares que ata o momento promoveron esas intervencións nos núcleos de Rianxo, Fincheira e Rianxiño. Así, as actuacións realizadas ata agora supoñen case un 20% de toda a área delimitada.

A contía das axudas da nova fase ascende a 57.536 euros, dos que 45.783 son a aportación do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, e os 11.753 restantes serán postos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de forma que as axudas costearán ata o 40% do custo da obra en cada vivenda, cun importe máximo de 15.000 euros, excepto para o realoxo das familias. Esa porcentaxe podería alcanzar o 75% se os ingresos da unidade de convivencia do propietario ou arrendatario promotor da actuación e residente na vivenda ou edificio obxecto de rehabilitación son inferiores a tres veces o ndicador Público de Renta de Efectos Múltiples (Iprem). 

Fonte | Diario de Arousa