500 vivendas turísticas máis en Galicia, que xa supera as 9.000 | Observatorio de Vivenda

500 vivendas turísticas máis en Galicia, que xa supera as 9.000

500 vivendas turísticas máis en Galicia, que xa supera as 9.000

Segundo datos do Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, no mes de xullo pasouse dunha cifra de 8.541 a 9.075, un incremento de 534 vivendas turísticas no inicio da tempada estival. O incremento supón superar as 9.000 vivendas turísticas en Galicia, unha cifra récord que se concentra no litoral costeiro, Santiago e Ourense. Sen embargo, a ocupación non está sendo tan alta ante tal incremento da oferta, dato que algúns xa identifican como saturación do mercado.

Fonte.- La Voz de Galicia