5.400 vigueses se inscriben no rexistro galego para optar a un piso | Observatorio de Vivenda

5.400 vigueses se inscriben no rexistro galego para optar a un piso

5.400 vigueses se inscriben no rexistro galego para optar a un piso

Vigo segue sendo a cidade de Galicia con máis demanda de vivenda, segundo figura no rexistro único galego de demandantes. En total son 5.426 os vigueses anotados, unha cifra que case iguala á suma das outras seis cidades galegas, cun total de 5.836. 

O dato confirma a necesidade que existe de vivendas de todo tipo, pero sobre todo, sociais, xa que a maioría das peticións decántanse por esta opción, en concreto 4.261.

A maioría dos solicitantes optan ao réxime de alugueiro (3.101), resultado do encarecemento dos últimos anos e á escaseza de oferta existente na cidade, mentres que outras familias con mellores expectativas inscribíronse no apartado de alugueiro con opción a compra, en concreto 768, mentres que solo 392 queren acceder directamente á propiedade.

Tamén nos municipios da área metropolitana de Vigo hai necesidade de vivendas, como demostra o rexistro único de demandantes, no que están inscritas medio millar de familias, destacando O Porriño e Cangas, con 105 e 80 peticións.

Por provincias, de novo a de Pontevedra encabeza o rexistro con 7.547 anotados, fronte á de A Coruña, con 5.128. Síguelle Lugo, con 1.651, e na cola, Ourense, con 454.

A inscripción no rexistro único de demandantes do Instituto Galego da Vivenda e Solo é imprescindible non só para acceder a vivendas sociais, senón tamén para as de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos, así como para promocións privadas de réxime especial, xeral e concertado.

Fonte | La Voz de Galicia