64 solicitudes para rehabilitar edificios no centro histórico de Santiago | Observatorio de Vivenda

64 solicitudes para rehabilitar edificios no centro histórico de Santiago

64 solicitudes para rehabilitar edificios no centro histórico de Santiago

Unha vez rematado o prazo para as solicitudes de axudas á rehabilitación que oferta o Consorcio de Santiago co fin de mellorar os edificios do centro histórico, o resultado foi de 64 solicitudes. o Consorcio mostrase satisfeito co dato, e destinarán 300.000 euros.

A subvención facilitará mellorar as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e enreixados dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica.

Fonte| El Correo Gallego