Abanca lanza unha hipoteca que busca limitar o impacto da subida do euribor durante os próximos seis anos | Observatorio de Vivenda

Abanca lanza unha hipoteca que busca limitar o impacto da subida do euribor durante os próximos seis anos

Abanca lanza unha hipoteca que busca limitar o impacto da subida do euribor durante os próximos seis anos

O índice principal polo que se rexen as hipotecas en España, o euríbor, mostrou no mes de setembro a subida máis alta da súa historia, 272 puntos básicos con respecto ao mesmo mes de 2021, pechando o mes nunha media non vista dende 2011 ata situarse no 2,233 %. Este incremento do euríbor provocou un importante encarecemento, segundo os cálculos do diario cincodías de ata 2300 euros anuais de media, nas cuotas de todas aquelas persoas que teñan unha hipoteca de tipo variable.

Para intentar limitar esta subida nos préstamos hipotecarios dos seus clientes, a entidade bancaria galega Abanca, lanza unha hipoteca novedosa, a Mari Carmen Plus, que parte dun tipo fixo durante o primeiro ano que se converterá en variable no segundo ano (euribor máis diferencial) pero que durante os cinco anos seguintes, do segundo ao sexto, estabécese un límite a subida do euríbior a un máximo do 3,5 % , aínda que o índice supere esa cifra no mercado, permitindo así aos clientes que a contraten coñecer a cuota que poderían depositar durante os seis primeiros anos.

Fonte.- CincoDías