Aberta a convocatoria de axudas para a mellora da conservación e da accesibilidade dos inmobles ata o 22 de abril | Observatorio de Vivenda

Aberta a convocatoria de axudas para a mellora da conservación e da accesibilidade dos inmobles ata o 22 de abril

Aberta a convocatoria de axudas para a mellora da conservación e da accesibilidade dos inmobles ata o 22 de abril

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantén aberto o período para solicitar unha axuda ao abeiro do programa de fomento de conservación e mellora de accesibilidade das vivendas ata o 22 de abril.

Os beneficiarios desta liña de axudas son persoas propietarias de vivendas unifamiliares, de edificios de tipoloxía residencial colectiva e das vivendas situadas nestes edificios, as comunidades de propietarios, así como as agrupacións de propietarios.

O orzamento inicial para o ano 2021 é de 680.000 euros de fondos propios da Xunta; e que poderá ampliarse en máis de 2,3 millóns de euros, unha vez que o Goberno central transfira á Comunidade os fondos estatais consignados.

Fonte | Xunta de Galicia