Aberta a convocatoria para solicitar as axudas ás comunidades de propietarios para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas | Observatorio de Vivenda

Aberta a convocatoria para solicitar as axudas ás comunidades de propietarios para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas

Aberta a convocatoria para solicitar as axudas ás comunidades de propietarios para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas

Hoxe publicouse o DOG co decreto que convoca, para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas ás comunidades de propietarios/as para a reparación, a rehabilitación e/ou a adaptación dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo Instituto de Vivenda e Solo de Galicia (IGVS).

As subvencións previstas nesta convocatoria contan cun crédito orzamentario de 1.000.000,00 euros, destinando, para tal fin, 50.000 euros, con cargo ao ano 2021, e 950.000 euros, con cargo ao ano 2022.

Así, poderán ter a condición de beneficiarias destas subvencións as comunidades de propietarios/as dos edificios de vivendas protexidas promovidos polo IGVS que, no momento de presentar a súa solicitude, teñan mais de dez anos de antigüidade e que non estean descualificados, sempre e cando que non recibisen outra axuda deste organismo para a realización de obras do mesmo concepto nos dez anos inmediatamente anteriores á data de publicación da resolución e que cumpran unha serie de requisitos establecidos no decreto.

Fonte | Xunta de Galicia