Aberto o prazo para a presentación de ofertas para adquirir inmobles no barrio coruñés da Pescadería  | Observatorio de Vivenda

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para adquirir inmobles no barrio coruñés da Pescadería 

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para adquirir inmobles no barrio coruñés da Pescadería 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu o 4 de xuño de 2020 o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no barrio da Pescadería, no Concello da Coruña, ao abeiro do Programa Rexurbe. Tal é como consta na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia.

Trátase da primeira vez que se realiza nesta cidade unha oferta pública destas características, pola cal a Xunta de Galicia destina un millón de euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro aos veciños.

O ámbito que se delimita para a adquisición coincide coas partes máis degradadas da zona denominada Pescadería, que está incluída no Plan Especial Cidade Vella-Pescadería. 

 

Fonte | IGVS