Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Mondoñedo  | Observatorio de Vivenda

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Mondoñedo 

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Mondoñedo 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu o 4 de xuño de 2020 o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Mondoñedo, ao abeiro do Programa Rexurbe.

Segundo consta na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 4 de xuño de 2020, a Xunta destina 300.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños. Establécese como obxectivo actuar preferentemente nas zonas onde exista un maior número de edificacións ou solares en estado de abandono ou semiabandono, procurando concentrar as intervencións para conseguir un maior impacto na rexeneración urbana.

As vivendas resultantes pasarían a incrementar o parque de vivendas de promoción publica do IGVS, que serían adxudicadas a outras tantas familias contribuíndo a fixar poboación nestes conxuntos históricos e á súa dinamización e rexeneración urbana.

 

Fonte | IGVS