Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Ribadavia  | Observatorio de Vivenda

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Ribadavia 

Aberto o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no casco histórico de Ribadavia 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo, abriu o 4 de xuño de 2020 o prazo para a presentación de ofertas para a adquisición de inmobles no Casco Histórico de Ribadavia, ao abeiro do Programa Rexurbe. Trátase da segunda vez que se realiza neste concello esta oferta pública, pois a convocatoria de 2019 tamén seleccionou este concello para participar na oferta pública de dito exercicio.

Segundo consta na resolución publicada no Diario Oficial de Galicia, a Xunta destina 200.000 euros para facerse propietaria de edificios e fincas neste conxunto histórico, co fin de rehabilitalos e ofrecer vivendas en alugueiro ao veciños.

 

Fonte | IGVS