Abre o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación en Betanzos | Observatorio de Vivenda

Abre o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación en Betanzos

Abre o prazo para solicitar as axudas á rehabilitación en Betanzos

O Concello de Betanzos publicou as bases reguladoras das axudas á rehabilitación de edificios e vivendas do barrio histórico, da súa zona de protección (A Ribeira) e dos barrios de Nosa Señora do Camiño e A Magdalena. Desta forma, os interesados poderán solicitar ditas axudas no prazo de dous meses, contados a partir de hoxe. Esta convocatoria enmárcase no Plan Estatal de Vivenda 2018-2021. 

En relación ás axudas estatais, a contía máxima das axudas non poderá exceder, individualmente, do 40% do custo subvencionable, pero poderá ser de ata o 75% se os ingresos da unidade de convivencia do propietario ou arrendatario ou promotor, son inferiores a tres veces o IPREM.

Respecto ás axudas autonómicas, o Instituto Galego da Vivenda (IGVS) paga ata 4.000 euros por vivenda. 

Fonte | La Opinión Coruña