Abriránse tres vivendas comunitarias en A Coruña e O Burgo para maiores sen recursos | Observatorio de Vivenda

Abriránse tres vivendas comunitarias en A Coruña e O Burgo para maiores sen recursos

Abriránse tres vivendas comunitarias en A Coruña e O Burgo para maiores sen recursos

Persoas maiores de 65 anos que carezan de apoios familiares e recursos económicos suficientes para habitar nunha residencia son os destinatarios das tres vivendas comunitarias que Cáritas Interparroquial porá en marcha en A Coruña e Culleredo nos próximos meses para prestar atención a este segmento da poboación. Dúas das vivendas, que terán unha capacidade máxima para doce persoas, localizaránse na cidade, unha no barrio da Sagrada Familia e outra na zona de San Pedro de Visma, mentres que a terceira ubicarase en O Burgo.

Os plans de Cáritas pasan porque a parcela no só acolla a vivenda, senón tamén un edificio destinado a converterse nun espazo multiusos no que se instalará un altar que poderá pecharse cunha mampara, o que permitirá combinar a realización de celebracións litúrxicas con outro tipo de actividades comunitarias. No terreo levantarase ademais unha vivenda para o personal e haberá tamén espazo verde de uso privado.

Así, esta acción serve para afrontar a problemática da vivenda entre estes colectivos máis afectados pola crise sanitaria.

Fonte | La Opinión Coruña