Acorde a donpiso, a compra de vivendas aumentaría entre un 7% e un 10% en 2024 | Observatorio de Vivenda

Acorde a donpiso, a compra de vivendas aumentaría entre un 7% e un 10% en 2024

Acorde a donpiso, a compra de vivendas aumentaría entre un 7% e un 10% en 2024

Segundo a empresa de intermediación inmobiliaria donpiso, a compra de vivendas en España aumentaría este ano entre un 7% e un 10%. A entidade asegura que dende comezos de marzo rexistrouse un aumento importante na demanda para a comprar de inmobles, sobre todo en destino vacacionais da costa mediterránea, a cornixa cantábrica así como Baleares e Canarias. Nestes destinos, segundo afirma donpiso, a demanda incrementouse un 30% nos últimos meses. 

A inmobiliaria sinala que neste presente exercicio, e a raíz da baixada prevista dos tipos de interese, aumentará o interese pola compra de vivendas, o que provocará á súa vez un aumento nos prezos. Desde donpiso vese con bos ollos o abaratamento das hipotecas no curto prazo xa que "tendo en conta que o salario medio neto mensual por habitante en España percibido en 12 pagas é de ao redor de 1.700 euros, os españois que viven de alugueiro invisten o 50% do seu salario en pagar a renda polo 38% que dedican os propietarios para pagar as cotas hipotecarias".

Fonte.- Idealista