Actualmente hai 17.827 solicitudes de vivendas de protección oficial en Galicia | Observatorio de Vivenda

Actualmente hai 17.827 solicitudes de vivendas de protección oficial en Galicia

Actualmente hai 17.827 solicitudes de vivendas de protección oficial en Galicia

Mentres que o parque público residencial da Xunta está composto por 3.800 vivendas, as solicitudes de vivendas de protección oficial alcanzan as 17.827. Para paliar esta situación e no marco da Estratexia para a promoción de vivenda pública e impulso da vivenda protexida, o Goberno galego fixou como obxectivo incrementar un 50% o parque actual de vivenda pública, coa incorporación de vivendas de nova construcción e vivendas rehabilitadas. 

O IGVS prevé a construcción de 959 novas vivendas de promoción pública de aquí a 2026. Neste momento está en marcha a primeira fase, que prevé a construcción de 375 novas vivendas en A Coruña, Santiago, Vigo e Pontevedra, cunha inversión estimada de 68,8 millóns de euros. 

A demanda continua a ser moi alta: en Lugo hai 1.602 solicitudes, 949 en Ourense, e 10.102 en Pontevedra, mentres que tan so na zona de Santiago hai 691. Despois das as sete grandes cidades, os concellos con maior número de demandas son Mos (318), Narón (185) e Oleiros (163). 

Fonte.- El Correo Gallego