Airbnb estuda unha expansión do negocio cara ao alugueiro de vivendas a longo prazo e de vehículos | Observatorio de Vivenda

Airbnb estuda unha expansión do negocio cara ao alugueiro de vivendas a longo prazo e de vehículos

Airbnb estuda unha expansión do negocio cara ao alugueiro de vivendas a longo prazo e de vehículos

O director executivo de Airbnb reveloulle ao diario británico Financial Times que se expoñen un cambio do modelo de negocio cara ao alugueiro de vivenda a longo prazo e de automóbiles. Chesky sinala que desde o próximo ano, a empresa de alugueiro en liña de vivenda vacacional avanzará máis aló do seu negocio principal e incluirá unha ampliación de servizos e experiencias.

O director resalta que desde a pandemia hai un mercado sen recoñecer de estancias dun mes, dous ou mesmo tres meses debido a que a xente pode traballar desde o seu portátil á vez que está a viaxar. Outra liña na que Airbnb é a de "cousas que facer na túa viaxe", están a considerarse o alugueiro de vehículos ou restaurantes pop-up (servizos emerxentes de restauración).

Este anuncio preséntase nun momento onde o modelo de negocio de Airbnb atópase baixo presión de lexisladores en todo o mundo, como é o caso de Nova York, onde ten un gran mercado e recentemente incluíron unha norma que limita a liberdade que tenian os residentes para alugar a través da plataforma, o que reduciu en tres cuartas partes as listaxes da cidade.

Fonte.- La Voz de Galicia