Alemaña relaxa os códigos ambientais de edificación no seu paquete de medidas de apoio ao sector da construción | Observatorio de Vivenda

Alemaña relaxa os códigos ambientais de edificación no seu paquete de medidas de apoio ao sector da construción

Alemaña relaxa os códigos ambientais de edificación no seu paquete de medidas de apoio ao sector da construción

O goberno de Alemaña acordou un paquete de medidas para apoiar ao sector da construción de vivenda que se atopa en dificultades. Trátase dun plan de 14 puntos para abordar a crecente crise inmobiliaria do país, entre as que se atopa a relaxación dos códigos ambientais de edificación. O chanceler, Olaf Scholz, afirmou a necesidade de Alemaña de construír máis vivendas alcanzables, tendo que ampliar considerablemente a actividade no sector da construción. Tamén informou de que, xunto coa ministra de vivenda, a súa administración suspenderá indefinidamente os plans para esixir normas máis estritas de illamento dos edificios, o que significa unha renuncia ao estándar de aforro de enerxía EH40.

Doutra banda, o goberno xermano expón investir 18.000 millóns de euros no sector ata 2027. As medidas recollidas pasan pola ampliación de créditos alcanzables ás promotoras e o chamado ‘bono climático’ que axude a remplazar os sistemas climáticos fósiles por outros máis respectuosos co clima.

O goberno alemán axudará tamén nos proxectos de reconversión de espazos de oficinas e locais en vivendas, así como programas de axudas parciais á renovación de edificios existentes en lugar de construcións novas. Os fondos provirán do Fondo Climático e de transformación.

Fonte.- Idealista