Alianza público-privada en Barcelona para aumentar o parque de vivendas sociais en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Alianza público-privada en Barcelona para aumentar o parque de vivendas sociais en alugueiro

Alianza público-privada en Barcelona para aumentar o parque de vivendas sociais en alugueiro

O goberno do municipio de Barcelona anuncia unha nova fórmula para aumentar o parque de vivendas públicas na cidade, a promoción delegada. Trátase dunha cesión da superficie pública ás empresas por 75 anos para a construción e xestión das vivendas de xeito privado, pero que pasarán a ser propiedade pública transcorrido dito prazo. Ademais, durante o prazo de cesión, igualmente as vivendas serán inscritas no rexistro público de solicitantes de vivenda pública e, por tanto, manterán prezos de alugueiro de vivenda pública, entre os 200 e 600 euros.

Fonte.- El País