Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Oímbra estudan vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e vivenda | Observatorio de Vivenda

Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Oímbra estudan vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e vivenda

Ángeles Vázquez e a alcaldesa de Oímbra estudan vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e vivenda

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse recentemente coa alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino, para estudar vías de colaboración en materia de humanización de espazos públicos e vivenda.

No que atinxe á situación do mercado de vivenda na localidade, Ángeles Vázquez trasladoulle á rexedora que o concello, ao ter menos de 20.000 habitantes, podería optar a unha nova convocatoria das axudas para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal. Neste caso, as axudas poderán acadar ata o 95 % do orzamento protexido das obras, sen que en ningún caso poidan superar a cantidade de 50.000 euros por vivenda rehabilitada

Fonte.- Xunta de Galicia