Apréciase un cambio nas preferencias dos demandantes de vivenda en Galicia: aumenta a demanda de casas nas aforas polo seu maior tamaño | Observatorio de Vivenda

Apréciase un cambio nas preferencias dos demandantes de vivenda en Galicia: aumenta a demanda de casas nas aforas polo seu maior tamaño

Apréciase un cambio nas preferencias dos demandantes de vivenda en Galicia: aumenta a demanda de casas nas aforas polo seu maior tamaño

Asemmella que os galegos cambiaron as súas preferencias á hora de escoller vivenda: segundo a Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein), a demanda dos inmobles novos empeza a gañarlle terreo aos de segunda man ou usados e cada vez son máis os que buscan mudarse a unha casa recentemente construída e ademais, os galegos prefiren mudarse nas aforas das cidades e núcleos de poboación máis grandes.

Así, nos últimos meses está a constatarse un incremento do número de procuras e compravendas de vivendas fóra das sete grandes urbes da comunidade. Na provincia da Coruña, os municipios máis demandados son Ames, Arteixo, Oleiros, Muros e Ribeira; mentres que en Pontevedra destacan Porriño, Nigrán, Cangas, Sanxenxo e Baiona. Por outra banda en Lugo destacan Viveiro, Ribadeo, Monforte, Foz e Burela e en Ourense, Barbadás, Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, O Carballiño, Allariz e Celanova.

Este fenómeno, afirman os expertos, está causado principalmente pola procura dunha vivenda máis grande e con mellores características de habitabilidade (luminosidade, xardín, terraza, etc.), destacando o aumento do interese por comprar vivendas unifamiliares, que aumentou un 14,2 % con respecto ao ano pasado. 

Fonte | La Voz de Galicia