Aprobación de axudas públicas para melloras nas ARI | Observatorio de Vivenda

Aprobación de axudas públicas para melloras nas ARI

Aprobación de axudas públicas para melloras nas ARI

Dentro do plan estatal de vivenda 2018-2021 o Concello de Santiago achegará 580.000 euros en axudas públicas aprobados pola Xunta de Galicia para proceder ás melloras nas áreas de rehabilitación integral (ARI) do casco vello, Pontepedriña e Vite.

Á achega municipal sumarase a contribución de 1,8 millóns por parte do Goberno Central e de 795.200 euros por parte da Xunta, ademais das achegas dos propietarios, o que permitirá realizar actuacións en ata 80 vivendas na zona do casco vello, 70 na zona de Pontepedriña e 128 vivendas na zona de Vite.

 

Fonte | La Voz de Galicia