Aprobada a licitación da reurbanización de Espartero en Ferrol Vello | Observatorio de Vivenda

Aprobada a licitación da reurbanización de Espartero en Ferrol Vello

Aprobada a licitación da reurbanización de Espartero en Ferrol Vello

A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación administrativa e a convocatoria da licitación pública da reurbanización da rúa Espartero, en Ferrol Vello, incluida dentro da área de rehabilitación integral (ARI) en 2001 e do programa Rexurbe da Xunta de Galicia.

O presuposto do contrato é de 620.197,36 euros, dos que o 80 % (496.157,89) está previsto que se financien con fondos europeos e o 20 % (124.039,47) con cargo ás arcas municipais. O prazo de execución das obras é de seis meses a partir do seu inicio.

O proxecto de reurbanización inclúe a eliminación das beirarrúas, polo que a plataforma da rúa pasará a ser única. A diferenciación dos espazos dedicados aos peatóns e ao tráfico rodado realizarase mediante un cambio de pavimento e ademais aas obras implicarán a renovación das instalacións tanto de saneamento como de abastecemento de auga e a instalación dunha nova iluminación pública e mobiliario urbano.

Fonte | La Voz de Galicia