Aprobadas as axudas de 6,4 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética das vivendas en ARIs en Vigo | Observatorio de Vivenda

Aprobadas as axudas de 6,4 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética das vivendas en ARIs en Vigo

Aprobadas as axudas de 6,4 millóns de euros para a mellora da eficiencia enerxética das vivendas en ARIs en Vigo

A aprobación das bases e a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de actuacións a nivel de barrio dentro do Plan de Recuperación, Tranformación e Resilencia que recibe financiamento da Unión Europea Next-Generation EU foi informada pola Xerencia de Urbanismo de Vigo este martes. Será a Ofinica de Rehabilitación do Concello a encargada da xestión das axudas que contan cun orzamento de 6.394.000 euros dos fondos europeos outorgados polo Goberno central.

Estas axudas servirán para financiar as obras de mellora de eficiencia enerxética que permitirán reducir un 30% do consumo enerxético de edificios cuxo uso sexa predominantemente residencial.

O 85% dos fondos destinarase a actuacións en vivendas do Casco Lanuxe, Bouzas, Coia, Csas de Santa Clara, Beiramar, Espiñeiro-Teis, San Pablo, San Roque, Fenosa, A Salgueira, Gorxal e Alcalde Lavadores-Canicouva-Escolas públicas; estas áreas suman un total de 970 actuacións. Os fondos restantes empregaranse en actuacións de rexeneración urbana de espazos comúns.

Fonte.- Faro de Vigo