Aprobado o Real Decreto coas medidas de alivio para as persoas hipotecadas | Observatorio de Vivenda

Aprobado o Real Decreto coas medidas de alivio para as persoas hipotecadas

Aprobado o Real Decreto coas medidas de alivio para as persoas hipotecadas

As medidas para aliviar ás persoas vulnerables fronte a subida das hipotecas xa estan publicadas no BOE polo que xa é efectivo o Real Decreto para a súa posta en marcha. Con estas medidas agárdase que se beneficien ao redor de un millón de persoas hipotecadas vulnerables ou en risco de vulnerabilidade (rendas inferiores aos 25.500 euros anuais) que firmasen os seus préstamos ata o 31 de decembro de 2021 despois do acordo alcanzado coas patronais das entidades bancarias (AEB, CECA y UNACC) e o Banco de España.

Entre as accións acordadas están non subir as cuotas durante un ano, reducir os tipos de xuro e a ampliacion das hipotecas durante 7 anos das que poderán beneficiarse as persoas que visen incrementado o seu esforzo hipotecario (a porcentaxe dos ingresos que se invisten no pago da vivenda) ata superar o 50%.

Fonte.- Idealista