Apróbase o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castro de Rei  | Observatorio de Vivenda

Apróbase o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castro de Rei 

Apróbase o primeiro Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castro de Rei 

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 24 de xullo a orde de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Castro de Rei. Trátase do primeiro PXOM del concello lucense de poco máis de 5.000 habitantes e que pretende marcar a evolución e o crecemento urbanístico municipais durante os próximos 12 anos. 

Entre os principais obxectivos do novo PXOM están a organización do medio rural a través da definición das categorías de solo rústico determinadas, o recoñecemento da existencia e consolidación futura dos núcleos rurais como elementos vertebradores residenciais do medio rural, o establecemento dunha ordenación que fomente a densificación e a finalización interior dos núcleos urbanos de Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea dentro dos seus límites actuais e a preparación do crecemento cara o futuro. 

O PXOM prevé case 390.000 m2 para espazos libres e zonas verdes e algo máis de 291.000 m2 para desenvolver equipacións comunitarias, o que supón unha superficie moito maior dos mínimos esixidos polo marco lexistativo vixente. 

 

Fonte | Xunta de Galicia