Apróbase o primeiro PXOM do Concello de Guitiriz (Lugo) | Observatorio de Vivenda

Apróbase o primeiro PXOM do Concello de Guitiriz (Lugo)

Apróbase o primeiro PXOM do Concello de Guitiriz (Lugo)

O 1 de xuño de 2020 asinouse a orde de aprobación definitiva do PXOM de Guitiriz (Lugo), un documento que marcará a evolución urbanística do concello durante os próximos 16 anos e que outorgará maior seguridade xurídica ao municipio, ao substituír as normas subsidiarias de planeamento municipal de 1985 por un plan moderno e actualizado. 

Entre os principais obxectivos da nova ordenación urbanística municipal atópase o desenvolvemento dos recursos termais de Guitiriz que comezaron a explotarse dende comezos do século pasado. O PXOM tentará que este pasado termal se reflicta e traslade á ordenación territorial actual de Guitiriz, a través de proxectos e iniciativas privadas como a creación dunha auténtica vila termal planificada e ordenada, a revalorización do patrimonio cultural e natural de espazos como o Castelo de Parga, a Ponte, a Carballeira e a Fonte e cunha proposta de recuperación do antigo Balneario de Pardiñas.

 

Fonte | Xunta de Galicia