Aproin fixo entrega dos premios aos mellores edificios construidos no 2020 | Observatorio de Vivenda

Aproin fixo entrega dos premios aos mellores edificios construidos no 2020

Aproin fixo entrega dos premios aos mellores edificios construidos no 2020

A Asociación de Promotores Inmobiliarios da Procincia fixo entrega onte dos galardóns da vixésimo sexta edición dos Premios Aproin, que tivo lugar no Círculo de Empresario as 19 horas. Este ano a asociación considerou como os mellores edificios construídos en 2020 na provincia á rehabilitación da sede institucional da Universidade de Vigo na Ribeira do Berbés, á reforma integral da residencia para maiores Bodía  e ao edificio do Grupo Inmobiliario Laxas, na rúa Vazquez Varela.

Ao evento asistiron convidados do sector da promoción inmobiliaria, do mundo empresarial, político e social. Ademais, contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, as conselleiras de Vivenda, Angeles Vazquez, e de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vazquez, mentres que por parte do Concello estivo a concelleira de urbanismo do Concello, María José Caride.

Fonte | Atlántico