Arcos de Valdevez, en Portugal, saca a consulta pública unha estratexia local de vivenda | Observatorio de Vivenda

Arcos de Valdevez, en Portugal, saca a consulta pública unha estratexia local de vivenda

Arcos de Valdevez, en Portugal, saca a consulta pública unha estratexia local de vivenda

A localidade de Arcos de Valdevez, no norte de Portugal, está a avanzar no desenvolvemento dunha novidosa estratexia local de vivenda. O proxecto, na actualidade en consulta pública ata finais de mes, pretende ser unha ferramenta que promova a integración das necesidades habitacionais existentes coas respostas máis adecuadas a cada situación, segundo afirmou a administración local. A estratexia se asenta nun modelo de xestión dinámico e adaptable, encamiñado a incrementar a oferta e mellorar a vivenda social, así como mellorar o acceso ao mercado do alugueiro.

Fonte| Idealista