A área de Vigo e Salnés concentran o 60% das vivendas de luxo e superluxo de Galicia | Observatorio de Vivenda

A área de Vigo e Salnés concentran o 60% das vivendas de luxo e superluxo de Galicia

A área de Vigo e Salnés concentran o 60% das vivendas de luxo e superluxo de Galicia

Tendo en conta que as vivendas que superan o valor dun millón de euros considéranse 'de luxo' e que as que superan os tres millóns de euros 'superluxo', segundo os principais portais inmobiliarios como Idealista ou Fotocasa: a provincia de Pontevedra é o epicentro das vivendas de luxo residenciais do conxunto de Galicia. Un 60% de todos os inmobles dentro do circuíto premium de comercialización en venda atópanse na provincia.

A información que reciben os portais inmobiliarios en ocasións non coincide cos datos rexistrados na Federación Galega de Empresas Inmobiliarias debido a que hai inmobles cuxa venda non se publica cando non interesa dar publicidade da oferta ao público xeral. Aínda así, en ambos os casos rexístrase ao redor do 60% de vivendas de luxo e ultraluxo concentradas na costa pontevedresa, especialmente entre Vigo e a súa área (Nigrán, Baiona ou Gondomar), e o Salnés (con Sanxenxo e Portonovo como puntos neurálxicos das vivendas 'deluxe').

Fonte.- Faro de Vigo