A área metropolitana de A Coruña crea máis vivenda que a propia cidade | Observatorio de Vivenda

A área metropolitana de A Coruña crea máis vivenda que a propia cidade

A área metropolitana de A Coruña crea máis vivenda que a propia cidade

Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), Oleiros construíu máis vivendas que A Coruña en cifras absolutas nos últimos catro anos. Mentres que o municipio da área metropolitana creou 292, a cidade quedouse en 218. Ademais, non foi un caso illado, pois o mesmo sucede con Arteixo e Sada, con 123 e 96 vivendas novas respectivamente, que xuntos superan tamén á urbe galega. En total, contando coa cidade, a área metropolitana construíu 1.016 novas vivendas, cinco veces máis que a cidade en solitario.

Fonte.- La Voz de Galicia