Areal e O Castro son as zonas máis caras para comprar unha vivenda en Vigo | Observatorio de Vivenda

Areal e O Castro son as zonas máis caras para comprar unha vivenda en Vigo

Areal e O Castro son as zonas máis caras para comprar unha vivenda en Vigo

Tal e como sinala o portal Idealista, Areal é unha das zonas máis caras para adquirir vivenda en Vigo, cun prezo de 2.669,44 euros o metro cadrado, seguido por Praza de España con 2.341,77 euros o metro cadrado e o Casco Vello con prezos de 2.247,59 euros o metro cadrado.

Se acudimos aos arrabaldes, Valladares e Beade se converten nunha das zonas máis atractivas para adquirir unha vivenda, cun custo por metro cadrado de 1.264,41 euros. 

A rúa máis cara de Galicia, de acordo cos datos de Idealista, atópase na Praza de Lugo en A Coruña, cun prezo medio de compra de 797.500 euros, que triplica a media da cidade de Vigo. 

 

 

Fonte | Atlántico