Ares espera colocar no mercado 200 novas vivendas no próximo ano | Observatorio de Vivenda

Ares espera colocar no mercado 200 novas vivendas no próximo ano

Ares espera colocar no mercado 200 novas vivendas no próximo ano

O concello de Ares atópase nun momento de plena actividade construtiva. Catro grandes promocións suman un total de 200 vivendas que serán postas á venda no vindeiro 2020, aínda que as primeiras reservas xa foron tramitadas. Ao desbloqueo do residencial Las Anclas, parado durante unha década por irregularidades na construción, súmanse outras tres promocións de relevancia no municipio, nunha tendencia que ven incentivada pola demanda de vivenda existente en Ares, principalmente polos mellores prezos con respecto á cidade próxima ao municipio, Ferrol.

Fonte.- La Voz de Galicia