Arquima constrúe as dúas primeiras casas en España con doble certificación mediambiental | Observatorio de Vivenda

Arquima constrúe as dúas primeiras casas en España con doble certificación mediambiental

Arquima constrúe as dúas primeiras casas en España con doble certificación mediambiental

O proxecto de edificación das dúas primeiras vivendas de España que contarán con dobre certificación en sustentabilidade e eficiencia enerxética, ubicado en Sant Andreu de la Barca (cerca de Barcelona), inclúe dúas casas adosadas de 312 metros cadrados, construídas cun sistema constructivo que consiste na prefabricación con entramado lixeiro de madeira, que ten un grao moi alto de industrialización, con criterios de arquitectura bioclimática, pasiva e de máxima eficiencia enerxética.

Os procesos de construcción da compañía contan sempre coa certificación Passivhaus, que otorga o Passivhaus Institut, e que para este proxecto obtiveron a categoría Premium, a de maior esixencia dentro do seu campo. Ao mesmo tempo, traballouse a certificación VERDE, do Green Building Council España (GBCe). Esta certificación mide o nivel de sustentabilidade dun proxecto cun sistema de puntuación que da por resultado un número de follas, cun máximo de 5, a que se lles otorgou ás casas de Arquima.

Na actualidade só existen 19 vivendas no mundo certificadas Passivhaus Premium e só unha vivenda prototipo GBCe 5 Follas VERDE.

Fonte | El Economista