A arquitectura galega premia a sustentabilidade e a eficiencia a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia | Observatorio de Vivenda

A arquitectura galega premia a sustentabilidade e a eficiencia a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia

A arquitectura galega premia a sustentabilidade e a eficiencia a través dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia

Desde a rehabilitación dunha vivenda en Carballeda de Avia que foi devastada pola vaga de incendios do 2017, na que se utilizaron materiais autóctonos, ata a reforma do antigo hotel Galicia, no centro de Vigo, transformado agora en oito vivendas sustentables que minoran a pegada de carbono. Estes son dous dos proxectos galardoados cos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, que deberían entregarse no 2020, pero que as restricións do Covid-19 obrigaron a aprazar a este mércores.

Así, nesta nova edición dos premios galardoáronse proxectos que destacaban polo seu valor arquitectónico, a sustentabilidade ou a rehabilitación.

Fonte | La Voz de Galicia