Así serán as 50 novas vivendas de protección oficial que se construirán en A Coruña | Observatorio de Vivenda

Así serán as 50 novas vivendas de protección oficial que se construirán en A Coruña

Así serán as 50 novas vivendas de protección oficial que se construirán en A Coruña

Co proxecto ganador para a construción de 50 vivendas de protección oficial no barrio de Xuxán, antigo Ofimático, o Concello acelera a construción de vivendas de protección oficial tras 14 anos de parálise.

As novas residencias tiñan que cumprir cos estándares de sustentabilidade ambiental en edificacións BREEAM, que evalúa dez categorías: xestión, saúde e benestar, enerxía, transporte, auga, materiais, residuos, uso ecolóxico do solo, contaminación e innovación. As vivendas disporán de dous ou tres dormitorios e darán a dúas rúas para favorecer a «ventilación cruzada».

Por outra parte, a maioría dos pisos disporán de terraza e cada persoa propietaria contará con dous metros cadrados dun horto urbano que se habilitará na planta superior.

O proxecto adxudicado conta tamén cun aparcamento para bicicletas, unha por vivenda, e cunha pequena praza axardinada. 

Fonte | La Voz de Galicia