Asinado o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 50 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia | Observatorio de Vivenda

Asinado o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 50 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

 Asinado o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción de 50 vivendas de promoción pública en San Paio de Navia

A Xunta de Galicia asinou a semana pasada o contrato para a redacción do proxecto e dirección de obra, por un importe de preto de 315.000 euros, para a construción de 50 vivendas de promoción pública que se edificarán na parcela M-IVB-25 do polígono 1 da ampliación de San Paio de Navia.

O adxudicatario disporá dun prazo de dous meses para a redacción do proxecto básico e de tres meses máis para a redacción do proxecto de execución, aínda que o contrato se estenderá polo prazo de construción das vivendas ao incluír a dirección da obra.

Fonte.- Xunta