Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

Asináronse os convenios polo que se reparten os fondos correspondentes a áreas de rehabilitación integral entre os 17 concellos que solicitaron participar neste reparto. Polo tanto, a partir deste momento, serán os concellos os encargados de realizar as convocatorias públicas para que os propietarios de vivendas emprazadas no ámbito das áreas de rehabilitación poidan presentar as súas solicitudes.

Este ano repártense preto de 2,7 millóns de euros entre 25 áreas de rehabilitación emprazadas en 17 concellos, o cal realizaouse en función das solicitudes presentadas pola administración local e tendo en conta o grado de cumprimento en cada concello dos obxectivos asignados en anteriores repartos.

Os beneficiarios finais dos fondos repartidos serán os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazados no ámbito das Áreas de Rehabilitación Integral, que recibirán axudas a fondo perdido para as actuacións de rehabilitación que realicen. Tamén se poderán beneficiar das axudas os propios concellos para a realización de actuacións de urbanización e reurbanización no ámbito das ARI. Ademais, a Xunta, con fondos propios, financia as oficinas de rehabilitación municipais.

Os dezasete concellos aos que se reparten fondos con cargo aos obxectivos de 2020 teñen actualmente en execución convenios asinados en anos anteriores, cunha dotación total que se aproxima aos 17,5 millóns de euros no seu conxunto.

Actualmente Galicia conta con 69 áreas de rehabilitación integral declaradas en 41 concellos ademais das ARIs dos Camiños de Santiago, que comprende 126 concellos das catro provincias galegas, a ARI das Illas Atlánticas, que afecta a catro municipios e a ARI da Ribeira Sacra, que comprende 25 concellos.

Fonte | Xunta de Galicia