A asociación de axencias inmobiliarias afirma que os pisos turísticos de Santiago ocupan a metade do mercado do alugueiro | Observatorio de Vivenda

A asociación de axencias inmobiliarias afirma que os pisos turísticos de Santiago ocupan a metade do mercado do alugueiro

A asociación de axencias inmobiliarias afirma que os pisos turísticos de Santiago ocupan a metade do mercado do alugueiro

Mentres que o concello de Santiago cifraba en 600 os pisos turísticos legais e 800-900 os ilegais, a Asociación Galega de Inmobiliarias (Again) cuestiona a estimación. Segundo a asociación de axencias, os pisos turísticos se moven en cifras arredor dos 2.400, uns 900 máis dos estimados pola autoridade local, acaparando a metade do mercado do alugueiro. En calquera dos casos, ambas institucións coinciden na necesidade de ampliar a regulación ao respecto e evitar situacións de competencia desleal de ditos pisos coas entidades hoteleiras.

Ademais, esta elevada proporción de pisos turísticos merma a oferta de alugueiro residencial e provoca un incremento desmedido dos prezos, dificultando o acceso á vivenda para as familias e numerosos estudantes que requiren da modalidade de alugueiro.

Fonte.- La Voz de Galicia