A Asociación Galega de Albergues Privados pide máis regulación sobre as vivendas de uso turístico | Observatorio de Vivenda

A Asociación Galega de Albergues Privados pide máis regulación sobre as vivendas de uso turístico

A Asociación Galega de Albergues Privados pide máis regulación sobre as vivendas de uso turístico

A Asociación Galega de Albergues Privados (Agalber) emitiu un comunicado onde pide maior regulación sobre as vivendas turísticas que, sen estar rexistradas correctamente supoñen unha competencia desleal para os albergues. A asociación asegura a existencia de máis de 9.000 vivendas destinadas a uso turístico na comunidade, o que non só afecta á asociación de albergues na súa actividade no camiño, senón que reduce a oferta de vivenda para alugueiro. Agalber pide criterios máis estrictos e de calidade para evitar a oferta sen garantías de aloxamento.

Fonte.- El Progreso