A Asociación Galega de Inmobiliarias organiza o I Congreso Inmobiliario Online de Galicia | Observatorio de Vivenda

A Asociación Galega de Inmobiliarias organiza o I Congreso Inmobiliario Online de Galicia

A Asociación Galega de Inmobiliarias organiza o I Congreso Inmobiliario Online de Galicia

A Asociación Galega de Inmobiliarias (Again) organiza o I Congreso Inmobiliario Online de Galicia. O evento terá lugar o mércores 15 de abril e poderán asistir por medios telemáticos tódalas persoas interesadas. 

O congreso manterá o modelo presencial para chegar, de forma real e directa, aos miles de profesionais inmobiliarios que asistirán ao evento de gran importancia a nivel estatal. 

Os puntos a tratar durante o evento serán a situación do sector inmobiliario trala pandemia do coronavirus, as políticas públicas de vivenda, as funcións do notariado sobre o sector ou o márketing inmobiliario en tempos de crisis. 

 

Fonte | La Voz de Galicia