Aumenta a demanda de alugueiros fronte á redución da oferta en Galicia | Observatorio de Vivenda

Aumenta a demanda de alugueiros fronte á redución da oferta en Galicia

Aumenta a demanda de alugueiros fronte á redución da oferta en Galicia

Na actualidade o 14% dos fogares galegos viven en réxime de alugueiro contando con máis de 172.000 fogares. Das sete urbes galegas A Coruña é a que concentra o maior volume de fogares en réxime de arrendamento, o 29% do seu mercado residencial, seguido por Vigo cun 28,5%, Ourense, Santiago, Lugo e Ferrol. So Pontevedra queda por debaixo da barreira do 20% dos fogares en réxime de arrendamento, cun 16%.

Contrarrestando o aumento da demanda en Galicia a tendencia da oferta foi á inversa, cun 11% menos de vivendas en comercialización que os rexistrados ao peche de 2020, segundo datos da Federación Gallega de Empresas Inmobiliarias (Fegein). Dita redución pode deberse ao temor á falta de pagamentos ou ao tirón das vivendas vacacionais este verán. 

As urbes sufriron unha redución na súa carteira de inmobles dispoñibles en tan so oito meses cun 3,3% menos, situándose á cabeza desta caída A Coruña, cun 20% menos, seguida de Pontevedra, Lugo e Santiago. A excepción nestes meses foi Vigo, (7,6%), Ferrol (5,2%) e Ourense (35%) que atraeron a máis propietarios ao mercado do arrendamento.

 

 

Fonte | Faro de Vigo