Aumenta o prezo dos pisos de estudantes nas principais cidades universitarias galegas debido á escasa oferta | Observatorio de Vivenda

Aumenta o prezo dos pisos de estudantes nas principais cidades universitarias galegas debido á escasa oferta

Aumenta o prezo dos pisos de estudantes nas principais cidades universitarias galegas debido á escasa oferta

Segundo recolle La Voz de Galica, os estudantes estanse a atopar serios problemas para atopar apartamento para o vindeiro curso nas principais cidades universitarias galegas, Vigo, A Coruña e Santiago, xa que a oferta é escasa e os prezos aumentaron considerablemente durante os últimos tempos.O aumento de prezos en Santiago pasou, segundo recolle  La Voz de Galicia, de 225 euros os 250 por habitación, mentres que na Coruña pasaron de 130-150 a 200 por habitación e en Vigo na actualidade e difícil atopar unha habitación por menos de 200 euros mensuais.

A baixada do número de pisos para estudantes podería explicarse polo aumento de oferta de pisos turísticos nas cidades, así o exemplo que se recolle e o da Coruña, onde mentres que os apartamentos estudiantís baixaron un 20% os adicados ao turísmo aumentaron un 25%.

Fonte.- La Voz de Galicia