Aumenta o tempo de venda dunha vivenda | Observatorio de Vivenda

Aumenta o tempo de venda dunha vivenda

Aumenta o tempo de venda dunha vivenda

O prazo medio de venda dunha vivenda en España sitúase nos 8,2 meses no segundo trimestre do ano, segundo datos facilitados pola consultora Tinsa. Este dato varía moito en función da localización, sendo necesarios en Madrid 3,6 meses para vender un inmoble, mentres que en Barcelona aumenta ata os 6,5 meses. A pesar de que os prazos con respecto a 2015 reducíronse ostensiblemente, nos últimos meses aumentou de forma sensible en diferentes zonas. O maior tempo de venda atópase en Galicia, con 11,3 meses de media para vender un inmoble.

Fonte.- El Economista